Un roteiro didáctico polos ecosistemas de Narón

O Concello retoma o día 27 de xuño o programa de educación ambiental "Narón en Transición", que discorrerá nesta ocasión entre Xuvia e Castro
Rio_Xuvia

O programa municipal de educación ambiental “Narón en Transición” retoma a súa actividade o vindeiro sábado, día 27, cun novo itinerario didáctico: “Ecosistemas de Narón LIC Xuvia-Castro”. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, anunciou que as persoas que queiran participar –hai un máximo de 20 prazas- deben anotarse no correo electrónico: [email protected] ou no Servizo Sociocomunitario municipal (na primeira planta do Concello, con acceso pola Praza de Galicia), ata o día 26 de xuño. O formulario de inscrición pódese descargar da páxina web do Concello

O itinerario consta dun percorrido de aproximadamente 5,4 quilómetros, que partirá do apeadeiro de FEVE de Sedes ás 11.00 horas e con regreso previsto ao apeadeiro de FEVE en Xuvia sobre as 14.30. “Trátase dun percorrido de baixa intensidade, que poden realizar persoas de todas as idades e que discorrerá por un bosque de ribeira, onde profesionais na área de medio ambiente irán explicando e analizando as diversas especies que se poden atopar neses espazos e tamén como funcionan os muíños de rodicio, ademais de ofrecer consellos ambientais”, avanzou o edil socialista.

No caso de que participen persoas menores de 14 anos os pais deben cubrir un documento –que está no propio formulario, na web do Concello- no que autoricen a participación do menor na actividade. Na propia ficha da actividade, que tamén se pode descargar, contémplanse actividades ambientais e un caderno de campo para a recollida de mostras.

O edil naronés incidiu en que “para cumprir as indicacións das autoridades sanitarias, é obrigatorio levar máscara cando non se poida manter a distancia de seguridade e as actividades que se van a levar a cabo axustaranse tamén ao protocolo sanitario”.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.