A Deputación pon en marcha o servizo de buses ao monasteiro de Caaveiro durante o verán

Saíra tódolos días do centro de interpretación, cada hora, entre as 10.30 e as 20.00 horas.
Mosteiro-de-San-Xoan-de-Caaveiro-7WRBBBC

Desde hoxe e ata o 6 de setembro, a Deputación da Coruña, en colaboración co Parque Natural das Fragas do Eume, pon a dispor dos visitantes un servizo especial de transporte de visitantes en autobús ao mosteiro de Caaveiro.

Co obxectivo de facilitar a accesibilidade ao cenobio durante os meses de maior afluencia de visitantes, a Deputación habilitará de novo este verán un servizo gratuíto de transporte que unirá o centro de interpretación e o acceso ao mosteiro, con buses de ida e volta todos os días, cada hora, entre as 10.30 e as 20.00 horas.

O ano pasado, o mosteiro de Caaveiro recibiu 60.572 visitantes, a meirande parte deles durante os meses de verán. Debido a esta elevada afluencia de público, a Deputación  decidiu, un ano máis, pechar o acceso en coche ao cenobio e pór a dispor dos visitantes este servizo especial de transporte. Seguindo as indicacións das autoridades sanitarias, será obrigatorio o uso de máscara tanto no autobús coma no recinto do mosteiro, excepto para os menores de seis anos.

 

Visitas ao Pazo de Mariñán 

Por outra banda, a Deputación abriu tamén as visitas ao Pazo de Mariñán. Os xardíns do pazo poden visitarse libremente de 9.00 a 21.00 horas todos os días da semana. 

As visitas guiadas desenvolveranse os sábados, domingos e festivos de 11.00 a 18.00 horas ata o 30 de xuño e desde o 1 de xullo ata o 15 de setembro todos os días da semana, incluindo domingos e festivos. Os visitantes deberán tamén levar máscara e respetar os aforos que se indican no Pazo de Mariñán.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.