Feijoo reclama en Ferrol que se inicie «de forma inmediata» o programa das F-110

O presidente do PPdG e candidato á Xunta visitou onte a cidade departamental onde mantivo un dos primeiros encontros da súa campaña electoral de cara ao 12X
20200623_feijc3b3oensantiago-7

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, visitou onte Ferrol, onde mantivo un dos primeiros encontros da campaña electoral do 12X. O líder dos populares galegos fixo un repaso polas principais actuacións que realizou a Xunta nos últimos anos na cidade e mostrou a súa especial preocupación polo sector naval.

Neste ámbito, Feijóo subliñou «o apoio realizado desde a Xunta á modernización das instalacións de Navantia» para configurar o Estaleiro 4.0, e asegurou que a Xunta realizou un «importe impulso» á industria auxiliar do naval ferrolán. Ademáis, atribuiu ao seu executivo a conversión dos estaleiros desta bisbarra «en referentes da eólica mariña» e destacou o desenvolvemento dun plan de formación do naval. O popular volveu mostrarse crítico co Goberno central por non ter comezado xa o programa das F-110 e reclamau ao executivo de Sánchez que se inicien «de forma inmediata».

O presidente do PPdeG tamén salientou as actuacións levadas a cabo no ámbito sanitario, como a ampliación do Hospital Público de Ferrol; así como o acondicionamento do Hospital Naval e a ampliación do centro de saúde de Serantes.

Respecto do saneamento integral da ría de Ferrol, Feijóo recordou que se levan investidos 278 millóns de euros que a conselleria de Infraestruturas está executando na actualidade as obras de saneamento da Malata, que permitirán completar a depuración integral da ría ferrolá.

O candidato do Partido Popular á Xunta tamén se referiu ao ámbito da vivenda, destacando actuacións como as catro ARI declaradas (Magdalena e Ferrol Vello; A Graña; Esteiro Vello; e Recimil), o desenvolvemento do solo residencial de Bertón, no que xa se executaron 52 vivendas de promoción pública e se proxectaron máis de 400 vivendas protexidas; ou o Plan Rexurbe Ferrol que se está a implementar en Ferrol Vello.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.