A planta de Gamesa en As Somozas, en alerta ante unha posible deslocalización

A factoría só ten garantida carga de traballo ata finais de este ano e a empresa xa desviuo a Portugal a fabricación dun novo modelo de pala
siemenssomozas

A planta de Gamesa en As Somozas non pasa polo seu mellor momento e a incertidume sobre o seu futuro é cada día maior. A factoría ten garantizada carga de traballo únicamente hasta finais de este ano e, aínda que desde a dirección anuncian «boas previsións para 2021», aínda non hai concretado ningún novo encargo para o próximo ano, explica o presidente do comité de empresa Sergio López.

«O certo é que non temos máis pedidos. Estamos rematando un encargo para un parque en Asturias e outro pequeno en Francia, que estarán entregados entre novembro e decembro e, a partir de ahí, non sabemos nada máis. A dirección dinos que traballan a tres meses vista, así que ata outubro, como pouco, non saberemos se teremos encargos para 2021», explica.

Pero a carga de traballo non é o maior dos problemas da planta, xa que a sombra da deslocalización planea sobre a factoría desde fai tempo. A multinacional vén de realizar unha inversión multimillonaria nunha nova planta en Ria Blades, na cidade portuguesa de Vagos, na que traballarán preto de 1.000 operarios, mentres que en As Somozas apenas chegan a 300 operarios. De feito, Gamesa xa desviou a Portugal a fabricación dun novo modelo de pala, o SG-145, que inicialmente ía construirse en As Somozas.

É por iso que o comité da planta de Ferrolterra urxe unha inversión nesta factoría para poder adaptala aos novos retos que se presentan no futuro. A pala que se fabrica aquí, o modelo G-114 é un dos máis existosos da compañía e está instalado en parques de medio mundo, pero xa ten cinco anos de vida e está comezando a quedar obsoleto. «Iberdrola e as grandes multinacionais piden cada vez modelos máis grandes e as nosas instalacións non están preparadas para iso. Os últimos modelos que se están encargando non caben nas nosas naves», explica Sergio López.

A implicación das administracións públicas, tanto locais como autonómicas, vai ser clave para a continuidade da única planta da compañía en Galicia, creen desde o comité. De feito, o pleno de As Somozas vén de aprobar unha moción de apoio para o mantemento da carga de traballo na factoría e para que se realicen inversións de futuro.

Factor humano

Desde o comité de empresa aseguran que actualmente, ante a falta de inversión nas infraestruturas, o maior valor engadido da factoría de As Somozas son os propios traballadores. «Somos unha das instalacións máis rendibles para a compañía, a primera en beneficios por operario hora, non tivemos nunca un retraso nas entregas e os nosos operarios son enviados a Tanger ou a Estados Unidos a poñer en marcha outras fábricas», argumenta o representante dos traballadores.

A compañía, a nivel global, tampouco pasa polo seu mellor momento e está a realizar axustes de plantilla en outras fábricas de toda España. De feito, a axencia de calificación Moody’ s puxo en revisión para a súa rebaixa a cualificación de Siemens Gamesa – Baa3 (ao borde do que se coñece como bono lixo)-, despois de que a compañía relevase ao seu conselleiro delegado e avanzado perdas para o exercicio de 2020.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.