A Garda Civil de Tráfico de Ferrol investiga un suceso ocorrido ocorrido esta mañá cando un vehículo -dos chamados coches sen carnet- circulou durante varios metros pola avenida da Pías en dirección contraria, causando unha grande alarma entre o resto de usuarios da vía. Moitos deles recrimináronlle a súa conducta, pero o home fixo caso omiso as advertencias dos outros conductores.
Todo parece indicar que o vehículo incorporouse no cruce da FE-14 con Marqués de Figueroa no carril que vai en dirección a Fene, pero fixoo circulando en dirección Ferrol. O vehículo, cun ocupante, foi finalmente interceptado xa no termo municipal de Ferrol. A temeridade deste home non causou ningún accidente nin houbo que lamentar danos persoais.