Un piquete de operarios, transportistas e sindicatos bloquea a central de Endesa en As Pontes

Concentráronse nos dous accesos á central para impedir que se sacaran do recinto dúas bombas dos grupos xeradores 3 e 4
WhatsApp Image 2020-06-25 at 15.01.03

Un grupo duns cincuenta operarios, transportistas, sindicalistas e ata representantes empresariais e políticos participaron este mediodía nun piquete na central térmica de Endesa para impedir que a empresa desmantelara parte da desulfuradora recentemente instalada.

Un aviso dos traballadores alertou de que dentro do recinto se estaba levando a cabo a desmontaxe dunhas bombas da desulfuradora dos grupos 3 e 4 da planta o que motivou que varios transportistas bloquearan os dous accesos para impedir a retirada destas pezas.

Segundo explicaron desde a CIG, este intento de desmontar eses grupos vai en contra do compromiso adquirido esta mesma semana por Endesa de que manter a actividade na central tralas probas cos biocombustibles. «Non entendemos que digan que en xullo van facer as probas para ver a viabilidade da central e dous días despois empecen a desmontar os grupos 3 e 4», explicou Alberte Amado, responsable da Federación de Industria da CIG.

Desde Endesa explicaron que as probas comprometidas con biocombustibles vanse realiza con grupos 1 e 2, que seguen operativos e que funcionan de acordo coa Directiva de Emisións Industriais (DEI). Ademáis, reiteran que «non é viable técnicamente manter unha central de biocombustibles con catro grupos en funcionamento», din fontes de Endesa, e recordar que os grupos 3 e 4 poderían estar en funcionamento ata o ano que ven «xa que están adscritos ao mecanismo de 1.500 horas de operatividade ao ano».

Sen embargo desde a CIG creen que a intención de Endesa é «empezar a desmantelar a central porque dan por feito o seu peche». «Anular estes dous grupos é hipotecar o futuro da central», insistiu Amado. A dirección da empresa mantivo unha breve reunión improvisada cos operarios e sindicalistas que secundaban a protesta e chegaron ao acordo de non mover ningunha peza da central ata que se realicen as probas de biocombustibles e carbón no próximo mes de xullo.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.