Un 41% de indecisos decidirán o resultado do 12-X

Feijoo mantén o pulso e Ana Pontón podería liderar o cambio político
Ayuntamiento_de_Santiago_de_Compostela

O último barómetro publicado  polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) o pasado 24 de xuño sobre a cita electoral da 12 X volve a debuxar un escenario aberto dado o alto número de indecisos e persoas que non declaran o seu voto, que nesta ocasión supoñen o 41%. A enquisa dálle ao Partido Popular un 26,3% de intención directa de voto, seguidos do BNG cun 10,4% e o PSdeG-PSOE cun 10,2%. Ao mesmo tempo a enquisa elaborada nas primeiras semanas de xuño reflexa que o 31,6% dos entrevistados non sabe aínda a quen votar e un 10% non quixo contestar.

Esa bolsa de votantes indecisos será chave se temos en conta que segundo a enquisa do CIS o bloque de esquerdas obtén máis apoios en canto á pregunta sobre a simpatía, sumando o 37% das opcións, fronte ao 18% dos da dereita.

Galicia en Común obtén un 3,0% en intención directa de voto, sen porcentaxe suficiente para entrar na cámara e o apoio a Vox en Galicia seguiría sendo residual, ao sumar tan só o 0,6% dos votos, ao igual que o de Ciudadanos, que alcanzaría o 0,5%.

No que atinxe á valoración dos líderes, Ana Pontón é a segunda candidata mellor valorada polo votantes galegos, cunha cualificación moi próxima á de Feijóo, que obtén un 5,9, mentres a líder dos nacionalistas ten un 5,2.

Outro dato destacado é que só un 32% dos votantes de En Marea nos pasados comicios apostaría agora por Galicia en Común e ata un 31% deles votaría ao BNG. Só un 12% iría para os socialistas. Segundo o CIS O Bloque retén ao 72% do votante de hai catro anos e o Partido Socialista 63%, mentres que un 86% do votante do PP en 2016 segue fiel a Feijóo.

As dúas semanas de campaña que restan serán decisivas para que as persoas candidatas traten de convencer a gran bolsa de indecisos que nestes momentos hai, xa que deles dependerá, en grande medida, quen ocupará os despachos da presidencia no Pazo de Raxoi compostelán.

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.