O Concello de Monfero acaba de abrir o prazo para a inscrición do Concilia Verán, un programa para ofrecer solucións á conciliación laboral e familiar durante o periodo de vacacións. Estes campamentos culturais de verán se desenvolverán no polideportivo do Xestal e no campo de fútbol en horario de 09.00 a 14.00 horas. A iniciativa, que vai dirixa a nenos de entre 4 e 14 anos empadronados en Monfero, contará con sesións de pintura, música, baile, contacontos, xogos e animación á lectura.
Estableceranse grupos reducidos para unha mellor seguridade e cumprimento da normativa de hixiene, protección, distanciamento interpersonal e restantes medidas preventivas de saúde pública en vigor, para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
As persoas interesadas neste servizo poden anotarse nas oficinas do Concello cubrindo un impreso de inscrición, de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres, ou enviando o impreso cuberto ao correo [email protected]. O impreso publicarse na páxina web nos vindeiros días.