Rematada a redacción do prego para o Servizo de Axuda no Fogar de Ferrol

O novo contrato, que conta con achegas de todos os grupos políticos, alcanzará os 5,5 millóns de euros e permitirá atender a 87 usuarios máis
Archivo - Ayuda en el hogar
Archivo - Ayuda en el hogar

O goberno local presentou onte aos grupos da corporación o prego definitivo para o novo contrato do servizo de axuda no fogar antes de ser sometido ao pleno da corporación municipal do mes de xullo. O Concello destacou que na nova redacción definitiva do documento se tiveron en conta as achegas da oposición e, de feito, case o 50% do prego conta con propostas do resto de grupos municipais.

Foi o pasado febreiro cando se lles fixo partícipes dun primeiro borrador que tiveron oportunidade de revisar para facer contribucións. Agora, logo de diferentes incorporacións e finalizados os pregos, o documento está listo para ser sometido a aprobación do pleno.

Trátase dun contrato que, en palabras da concelleira de Benestar, Eva Martínez, é “ambicioso” e “moi competitivo”. Ademais, vai “mellorar substancialmente o actual do servizo”. Isto débese, por unha banda, a que se presentará nun só lote co obxectivo de “optimizar recursos”. Por outra, a que o prezo de licitación alcanzará os 5,5 millóns de euros, cun incremento de 2,6 sobre o que se estaba destinando ata agora a este servizo. Esta é a primeira vez que se vai revisar dende o ano 2014. Agora, a partir da súa adxudicación, permitirá atender a un mínimo de 87 usuarios máis.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.