Por que crece tanto o Bloque?

A figura reforzada de Ana Pontón, o voto do electorado máis novo e o descontento dos votantes de esquerdas son algunhas das claves
2020062716222980633

As enquisas preelectorais de cara ao 12X debuxan un panorama moi semellante ao actual para PSOE e PP, pero non para o BNG, que, de se cumplir os pronósticos, converteríase no partido con maior crecemento. De feito, algunha das enquisas apunta a que o partido de Ana Pontón podería obter máis do dobre de escanos que na pasada lexislatura.

Pero, ¿a que se debe esta suba? Por un lado, parece innegable que a figura de Ana Pontón ten algo que ver nesta ecuación. Nestes últimos catro anos as súa figura á fronte do BNG viuse reforzada gracias, en parte, as posicións construtivas, propositivas e institucionais que adoptou en momentos críticos para Galicia, como na recente crise do COVID-19 ou na de Alcoa.

A líder e portavoz nacionalista é a favorita dos galegos no caso de existir un cambio político ao fronte da Xunta, con 30% fronte ao 24,4% que prefiren a Gonzalo Caballero. Ponton é, de feito, a referencia dos votantes que queren un cambio político en Galicia.

Por outro lado, o BNG se beneficia dun forte liderado entre a xente máis nova, cun 38,5% da intención de voto entre os que teñen 18 e 24 anos e un 26% entre os votantes de 25 a 34. Atendendo a estes datos, os nacionalistas son a forza que máis simpatía esta xerando entre o electorado chamado a renovar a súa confianza nas urnas durante as décadas por vir.

Ademais, os últimos barómetros apuntan a outro dos motivos deste enorme crecemento do BNG, como son as transferencias de voto de moitos votantes descontentos tanto co PSOE como con Podemos e marcas afíns. Así, segundo as enquisas, unha parte substancial dos galegos que nas eleccións xerais votaron polos socialistas ou as mareas, agora faríano polo Bloque.

Finalmente, a falta de interese e a frialdade mostrada polo Goberno central en asuntos tan transcendentais para Galicia como Alcoa, fai que se valore a defensa dos intereses galegos que exerce o BNG.

A dúas semanas escasas das eleccións os candidatos están a recorrer Galicia conscientes do moito que se xogan nestes comicios, en especial considerando ese 41% de persoas que aínda non saben ou non din a quen votarán.

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.