Inaugurada no Centro Torrente Ballester a exposición ‘Orixes’, sobre o Ferrol castrexo

A mostra estará aberta ao público na sala Bello Piñeiro e trátase dunha iniciativa da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial da UDC
El profesor Juan Luis Montero Fenollós dirige las visitas
El profesor Juan Luis Montero Fenollós dirige las visitas

O Centro Torrente Ballester acolleu o pasado mércores a inauguración da exposición ‘Orixes. Ferrol castrexo’. Trátase dunha iniciativa da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial da UDC, que conta co financiamento do Concello de Ferrol. A mostra poderá verse na sala Bello Piñeiro no horario habitual do centro: de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, mentres que os domingos e os festivos permanecerá aberta unicamente polas mañás. 

Para Ángel Mato, que acudiu á inauguración xunto á vicerreitora do Campus de Ferrol, María Jesús Movilla,con esta mostra “empézase a dar os primeiros pasos cara un dos obxectivos da cátedra, que é achegar á cidadanía o patrimonio histórico de Ferrol”. O rexedor asegurou que a excelente relación que manteñen Concello e Universidade fai posible este tipo de iniciativas que teñen como resultado “grandes beneficios para a cidade, neste caso no eido cultural, aínda que non é, nin moito menos, o único no que ambas institucións traballan da man”. 

O alcalde explicou tamén que a intención é darlles unha continuidade anual ás accións expositivas da cátedra para divulgar os traballos que se van desenvolver en lugares coma o castro de Esmelle e aos achados que se produzan nas excavacións. O convenio entre o Concello e a Universidade para o sostemento da Cátedra Institucional de Arqueoloxía e Educación Patrimonial foi promovido pola concellería de Patrimonio Histórico. Formalizouse o pasado setembro e terá unha duración de catro anos, cunha dotación de 24.000 euros por cada un deles.

O obxectivo da cátedra é crear e xestionar unha escola de arqueoloxía en Ferrol; o estudo, conservación, difusión e posta en valor do patrimonio arqueolóxico en xeral e da cidade en particular, e a organización de actividades e actuacións no ámbito da educación patrimonial en Ferrol. As dúas institucións realizarán actividades e proxectos de forma conxunta en todo tipo de asuntos que resulten de interese para ambas. 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.