Dende que se fixo a chamada ás 9,45 h de este martes 30 de xuño tanto os efectivos de Salvamento Marítimo e Cruz Roja del Mar, acompañados pola Guardia Civil, Policía Local e Protección Civil de Valdoviño seguen en procura dun pescador de caña e sen chaleco salvavidas que se precipitou ao mar mentres pescaba preto da praia de O Baleo, en Valdoviño.
Tal e como aseguran dende o 112, a chamada de emerxencia fíxoa o seu compañeiro nada máis tivo lugar o tráxico suceso, e de aquí informouse a Salvamento Marítimo. Tal e como informaron dende Salvamento Marítimo de A Coruña, os mecanismos aéreos desplegados son o Pesca 2 con base no porto de Celeiro e o Helicóptero Helimer que saíu desde Santiago de Compostela, mentres que pola vía marítima están na operación o LS Langosteira procedente de Cedeira, e pola tarde incorporarase ás labores de búsqueda o Salvamar Betelgeuse dende A Coruña
Os mencionados servizos de emerxencia seguen a traballar pola zona de costa de Pantín, coa esperanza de chegar a tempo e poder atopar ao pescador aínda con vida.
Seguiremos ampliando a información ao longo do día.