Preto dun centenar de empresarios impulsan os seus negocios no programa «Ferrol Cidade Viva»

Onte deron comezo as sesións formativas coas que se darán ferramentas e asesoramento para sacar o máximo partido as empresas
EbJBJdTWAAADX2w

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Economía e Promoción Económica puxo en marcha esta mesma semana a fase formativa do programa “Ferrol Cidade Viva”, o plan deseñado polo Concello co fin de dar “impulso aos emprendedores da nosa cidade” e “axudarlles a buscar a sustentabilidade dos seus negocios ao tempo que reactivar a actividade económica local”.

Polo momento son 90 os establecementos participantes no programa. Os comerciantes interesados en sumarse a este proxecto aínda poden enviar un correo electrónico a [email protected] e os responsables do plan poñeranse en contacto con eles.

A fase que comezou onte inclúe nove sesións elixidas polos participantes de entre 12 propostas, que se impartirán de forma telemática de luns e mércores. de 20.30 horas a 22 horas. ata o 15 de xullo. De forma paralela recibirán asesoramento personalizado “co fin de potenciar os aspectos que sexan máis relevantes para eles. Queremos axudarlles a obter o máximo rendemento dos seus negocios, e para elo terán acompañamento individualizado”, explicou a concelleira de Promoción Económica, María Teresa Deus

No mes de setembro continuarase coa formación e asesoramento e poñerase en marcha a terceira liña do programa, unha “ambiciosa promoción do noso comercio local co obxectivo de incentivar as compras e captar clientes”. Para elo hai programadas fórmulas como sorteos, descontos, premios directos e incentivarase especialmente as vendas cruzadas.

O programa co que o Concello pretender darlle impulso ao comercio local non deixa de lado os recursos dixitais. Na posta en marcha da gran promoción dos negocios contarase cunha aplicación que terá dobre uso: os emprendedores poderán coñecer mellor aos seus clientes e estes contarán cunha ferramenta na que consultar descontos dos establecementos, sorteos, premios, incentivos ás vendas cruzadas e incluso os puntos acumulados para beneficiarse de promocións co fin de incentivar o consumo. O cliente poderá acceder a ela a través dun código QR que estará exposto nos establecementos participantes.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.