300 menús diarios durante o verán para os nenos con beca de comdedor escolar

O Concello e Ferrol e Afundación van repartir unha comida diaria aos escolares en situación de vulnerabilidade que durnate o curso reciben as becas de comedor
GettyImages_1215124167.0

O Concello de Ferrol e Afundación van a poñer en marcha a partir de mañá, 1 de xullo, o programa social “Cubertos”, polo que se subministrarán 300 menús diarios, de luns a venres, a nenos da cidade que teñan beca, aos seus irmáns e a aqueles os Servizos Sociais estipulen. Tamén están incluídos un total de 17 menús a persoas maiores usuarios de comedores sénior en Ferrol e que seviron afectados polo seu peche como consecuencia da covid-19.

O programa posto en marcha por Afundación coa colaboración do Concello comeza mañá e alargarase ata o inicio do curso escolar, no mes de setembro. Os menús repartiranse de luns a venres, de 13.00 a 14.00 horas, no Edificio Social, na Casa Solidaria, no centro Carballo Calero e no centro cívico de Caranza.

A concelleira de Benestar Social quixo agradecer a Afundación o “gran xesto de xenerosidade e sensibilidade” do órgano con estes colectivos, “grandes afectados ao longo dunha crise sanitaria que se converteu en crise social e económica”. Gracias a esta iniciativa, lembra, “300 nenos e nenas e maiores de Ferrol van dispoñer dunha comida completa e saudable” os mais de dous meses de vacacións de verán, antes do inicio do curso, cando comecen de novo os comedores e as becas que pon en marcha o Concello de Ferrol e cuxo prazo de presentación de solicitudes para o curso 2020-2021 segue
aberto ata o 8 de xullo.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.