‘Os fogóns de Anllóns’ y ‘Fragas do Eume’, protagonistas coruñeses en Fitur

A presentación incluirá un vídeo promocional que recolle as potencialidades dos cinco concellos participantes no proxecto: As Pontes, Cabanas, Monfero, Pontedeume e A Capela
okfragas_eume_03

Os Plans de Sustentabilidade Turística en Destino de ‘Os Fogóns do Anllóns’ e das ‘Fragas do Eume’ serán os protagonistas dos dous actos institucionais que a área de Turismo da Deputación da Coruña desenvolverá en Fitur. A primeira das citas da Deputación en Fitur será a presentación de ‘Os Fogóns do Anllóns’, que terá lugar o mércores 18:00 ás 12:30 horas no stand de Turgalicia. Nesta presentación tratarase de poñerlle voz e cara ao proxecto a través dun audiovisual que recollerá intervencións de representantes de sectores como o colectivo de mariscadoras do esteiro do Anllóns, de produtores de legumes e pataca, panadaría, restauración e mesmo deportistas que utilizan o propio Anllóns para as súas prácticas deportivas.

A segunda das citas, terá lugar o xoves 19:00 ás 18:00 horas e terá o Plan de Sostibilidade Turística en Destino ‘As Fragas do Eume’ como protagonista. Tamén incluirá un vídeo promocional que recolle as potencialidades dos cinco concellos participantes no proxecto -As Pontes, Cabanas, Monfero, Pontedeume e A Capela-, e repetirá o esquema de intervencións de representantes da Xunta, Deputación e Concellos.

Compre lembrar que todos os proxectos que o departamento provincial de Turismo impulsou nas diferentes convocatorias de Plans de Sustentabilidade do Ministerio foron aprobadas con éxito: Xeoparque Cabo Ortegal, Fragas do Eume, Fogóns do Anllóns e Vía Verde. Entre todos suman 6 millóns de euros de fondos europeos  —1,5 millóns de euros cada un— e implican a un total de 22 concellos da provincia; sendo todo eles proxectos altamente comprometidos co territorio, coa conservación co medio natural e que tamén teñen o medio natural como motor de desenvolvemento.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.