O IES Fernando Esquío recibe a unha delegación de docentes e estudantes procedentes de Alemaña, Reino Unido e Turquía

Unha iniciativa que se inclúe no proxecto Erasmus
Visita al IES Fernando Esquío
Visita al IES Fernando Esquío

Docentes e alumnado do IES Fernando Esquío exercen estes días de anfitrións dunha delegación integrada por uns 40 estudantes e profesores de centros educativos procedentes de Alemaña, Reino Unido e Turquía. Unha iniciativa que se inclúe no proxecto Erasmus no que participa o instituto local dende hai uns anos, e que os levará a primeira semana de febreiro a visitar Cardiff -Gales- para avanzar nese intercambio constante de coñecementos e experiencias. En concreto, participarán seis alumnos e alumnas de 4º da ESO.

Así, segundo explica Begoña López Soto, docente de Inglés e responsable da Biblio do IES nedense, o proxecto nace a iniciativa do CFR Ferrol, que propón aos centros da comarca plantear proxectos de dixitalización para a aprendizaxe e compartilos a través da rede Erasmus. No caso de Neda, a proposta, que impulsou a profesora de Bioloxía Ángeles Fernández Baz, centrouse na combinación de tecnoloxía e bioloxía para a identificación do catálogo de plantas invasoras na zona. Un catálogo en continua construción aberto á participación cidadá a través da web do centro.

Co obxectivo de dalo a coñecer e intercambiar experiencias educativas cos centros doutros países, trala pandemia, que obligou a restrinxir a mobilidade, retomáronse visitas como a destes días.  Así, o IES Fernando Esquío recibía onte ao alumnado de Alemaña, Reino Unido e Turquía e amosáballe os avances realizados no traballo de dixitalización, así como o seu día a día. Unha xornada que tamén contaba coa asistencia do alcalde, Ángel Alvariño, e da concelleira de Educación, Ángeles Puentes.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.