O rescate do pescador en O Baleo, en suspenso polas malas condicións meteorolóxicas

Os buzos do GEAS se sumarán aos diferentes dispositivos desplegados e continuarán coas labores de búsqueda hoxe pola tarde
rescate-ferrol

O pescador de caña e sen chaleco salvavidas desaparecido onte 30 de xuño segue desaparecido, tal e como informaron dende Salvamento Marítimo de A Coruña. A chamada ao 112 fíxoa o seu compañeiro que no momento do suceso estaba presente e pudo observar os feitos. A maiores, segundo informan os diferentes dispositivos desplegados ata a praia de O Baleo, as condición meteorolóxicas son adversas e dificultan aínda máis se cabe a búsqueda do home.

Seguen na procura os corpos de Salvamento Marítimo, Cruz Vermella do Mar, a Protección Civil de Valdoviño, a Policía Local e a Garda Civil, a cal sumará os GEAS (Grupo Especial de Actividades Subacuáticas) esta tarde para seguir coas labores de búsqueda e así poder terminar canto antes coa conmoción que acompaña aos habitantes da zona.

Nestas mesmas labores continúan pola vía aérea o Helicóptero Helimer, aínda que o orballo da zona dificulta en exceso a visibilidade. Na vía marítima cóntase cun LS Langosteira e a patrulleira Rioxallas da Garda Civil abarcando unha amplia zona costeira para poder atopar ao pescador canto antes, dende Punta Frouxeira ata Punta Candieira e observando calqueira punto de difícil acceso da propia praia do Baleo.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.