O Concello de Valdoviño abre inscricións na II edición do Foro Galego-Literario que guiará de novo o escritor Antón Cortizas. Unha serie de encontros bimensuais na Biblioteca nos que participarán os autores e autoras das obras seleccionadas previamente en cada sesión. Así, as persoas interesadas en tomar parte poden anotarse na Casa da Cultura, no teléfono 981 48 76 66 ou correo electrónico [email protected], ou mesmo participando na primeira xornada, prevista para o próximo mércores, 25 de xaneiro, ás 17:30 horas.
Con este programa, búscase achegar a literatura galega ao público e analizar as obras dos nosos escritores coetáneos, ademáis de fomentar o intercambio de sensacións lectoras, posto que cada historia muda segundo quen a le. Sempre, co papel por diante, xa que neste foro os ebooks teñen a batalla perdida.