Tras a reapertura da feira este mércores 1 de xullo a feira celebrarase os días 1 e 15 de cada mes e, co obxectivo de garantir as normas de seguridade establecidas polo goberno autonómico, haberá modificacións no emplazamento dos postos de venda. Os postos ubicaranse na Praza do Carme e na Praza de América, na Rúa Ramón Cabanillas e na Avenida de Ferrol, se ben, nestas dúas últimas rúas só estará permitida a instalación dos postos nunha das marxes dos viarios.
Os postos que habitualmente se instalaban na outra marxe de ambos viarios emplazaranse na Rúa 8 de Marzo para seguir as recomendacións sanitarias e impedindo así non situar uns postos de venda fronte a outros.
Por outra banda será obrigatorio o uso de máscara tanto entre vendedores e vendedoras como entre as persoas que acudan a mercar á feira para evitar posibles contaxios.