Volven a abrirse as portas do Local Social de Maiores de Mugardos

O local comeza a súa reapertura o mércores 1 de xullo cunhas medidas sanitarias estrictas
Local Maiores 1

A concellería de Benestar Social informou da reapertura do Local Social de Maiores municipal sito na rúa Castelao da vila a partir de mañá mércores 1 de xullo. O novo horario de apertura será de 17.30 a 21.00 horas coa limitación do aforo imposta pola obrigatoriedade de manter a distancia social de 1,5 metros. Ademais o uso de máscara facial no interior do local será obrigatorio.

Seguindo as medidas hixiénico-sanitarias as cadeiras serán desinfectadas sempre antes e despois de usalas, así como os aseos. Tamén se teñen acondicionado dispensadores de xel desinfectante que estarán a disposición para o seu uso.

En canto aos xogos de mesa dende a administración local recomendan que sexan os propios usuarios os que traian os xogos para evitar posibles riscos de infección.

Porén, xa non se reiniciarán neste curso os obradoiros que de xeito habitual impártense no local social, e desde o departamento traballan agora coa previsión de retomalos no mes de outubro e incluso pór en marcha algúns novos programas que tiñan previstos para dotar de maior contido e actividades ao centro.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.