As Pontes pide a la Xunta que reactive las actividades de la Casa del Jubilado

"Representan un grave prexuízo para a veciñanza da vila e non estando xustificada a súa supresión atendendo a situación sanitaria actual", explican desde el gobierno local
Casa del Jubilado de As Pontes
Casa del Jubilado de As Pontes

O Concello das Pontes solicita á Xunta de Galicia a reactivación de todos os servizos do centro sociocomunitario que o goberno autonómico ten na vila, que viña prestando ata o ano 2020 e suspendidos por mor da pandemia

Desde o Concello solicítase unha reunión urxente coa xerencia do Fogar dos Xubilados para tratar distintas cuestións relacionadas cos servizos que se prestan nas instalacións asentadas na avenida de Ferrol e a merma dos mesmos, xa que representan un grave prexuízo para a veciñanza da vila, non estando xustificada a súa supresión atendendo a situación sanitaria actual.

Trátase dun centro ao que acoden centos de persoas maiores de 65 anos na nosa vila, que ten como obxectivo prioritario mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, algo que non está a acontecer na actualidade debido a supresión de servizos, de forma inxustificada. Desde o Concello das Pontes non cesaremos no empeño para evitar a precarización e perda da calidade dos servizos sociais, servizos básicos e esenciais”

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.