As Pontes adquire máis material de préstamo para as persoas dependentes

O obxectivo é facilitar a vida tanto dos usuarios como das personas coidadoras
Tania Pardo, concelleira de Benestar Social, detallou que están valorados en 17.000 euros e adquiridos con fondos procedentes da Deputación da Coruña
Tania Pardo, concelleira de Benestar Social, detallou que están valorados en 17.000 euros e adquiridos con fondos procedentes da Deputación da Coruña

O Concello das Pontes ven de reforzar o banco de produtos de apoio para persoas con mobilidade reducida coa adquisición de 16 novos dispositivos de asistencia, valorados en 17.000 euros e adquiridos con fondos procedentes da Deputación da Coruña. O obxectivo desta iniciativa, en palabras de Tania Pardo, concelleira de Benestar Social é “continuar facilitando a vida das persoas en situación de dependencia ou con mobilidade reducida así como a das persoas coidadoras. Con este servizo de préstamo buscamos contribuír a mellorar, entre outros aspectos, o nivel de autonomía das persoas usuarias, facilitar as actividades da vida cotiá e promover coidados de calidade que salvagarden a saúde das persoas coidadoras”.

Trátase dun servizo municipal que ofrece cadeiras de rodas, andadores, camas articuladas, colchóns antiescara, cadeiras de duchas e grúas así como outro tipo de produtos de apoio – muletas e bastóns- a persoas con mobilidade reducida ou en situación de dependencia, de todas as idades e empadroadas nas Pontes. O préstamo é de carácter temporal e gratuíto. Para poder solicitar un destes recursos é preciso poñerse en contacto co Departamento de Benestar Social, onde o persoal técnico valorará a situación, a necesidade da persoa solicitante para realizar o préstamo do elemento más apropiado, na maior brevidade posible e durante o tempo que o precise.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.