Último mes para a presentación de orixinais ao XVIII Premio de Poesía Afundación

Poden concorrer obras inéditas de máis de 600 versos escritas en lingua galega
IMG_7560

Afundación, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Centro Pen de Galicia anuncian o último mes para a presentación de orixinais á décimo oitava edición do Premio de Poesía Afundación, que ten como obxectivo de recoñecer libros de poemas escritos en lingua galega.

A actual conxuntura provocada pola COVID-19 impulsou as tres entidades a adiar a data límite de entrega de orixinais ata o 31 de xullo, co propósito de facilitar o traballo de creación e concentración de todas as persoas candidatas a este galardón. Na seguinte ligazón pódense consultar as bases.

As persoas interesadas en participar poderán presentar obras inéditas, que non concorresen a ningún outro concurso e cunha extensión mínima de 600 versos, ata o 31 de xullo de 2020. O xurado cualificador estará constituído por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario, e como presidente exercerá o titular do Centro Pen de Galicia, Luís G. Tosar.

O texto gañador recibirá un único premio de 6000 euros e será publicado, ademais, na colección «Arte de Trobar», editada polo Centro Pen de Galicia e a fundación galega.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.