O Porto de Ferrol conmemora o quinto centenario da primeira volta ao mundo

A mostra “El viaje a la Especiería de Magallanes y Elcano” estará dispoñible desde o 2 ata o 22 de xullo na sala de exposicións da Autoridade Portuaria
APFSC-exposición-magallanes-elcano

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acolle desde mañá 2 de xullo ata o 22 de xullo, na sala de exposicións do Peirao de Curuxeiras, a mostra “El viaje a la Especiería de Magallanes y Elcano”, organizada polo Ministerio de Defensa para conmemorar o quinto centenario da primeira volta ao mundo.

O obxectivo desta exposición é contribuír á celebración do aniversario desta expedición que tiña como finalidade buscar un estreito na costa sur do continente americano para chegar ás illas da Especiería, as actuais illas Molucas.

Esta mostra é unha representación gráfica da viaxe de Fernando de Magallanes e Juan Sebastián de Elcano e está composta por nove grupos de paneis ordenados cronoloxicamente que ensinan as principais etapas desta epopea.

A exposición pódese visitar gratuitamente desde mañá ata o 22 de xullo, de martes a domingo, en horario de 17.30 a 20.30 horas. Así mesmo, mañá 2 de xullo ás 12:00 horas terá lugar a apertura da mostra nun acto no que participarán o coronel Antonio Bernal Martín, delegado de Defensa en Galicia, e José Manuel Vilariño Anca, presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.