Feijóo esixe unha maior inversión nos estaleiros ferroláns

Subliñou o traballo feito en materia de sanidade e educación na localidade naronesa e a gran relevancia do saneamento da ría e o repuntamento dos estaleiros ferroláns
pp

O pasado mércores 1 de xullo en Narón -no Pazo Libunca- o candidato a reelección como presidente da Xunta de Galicia quiso transmitir unha mensaxe de confianza de cara as próximas eleccións do 12 de xullo. Feijóo non dubidou á hora de resaltar o PPdeG como a mellor alternativa para todos os galegos xa que apostar polo PPdeG  é apostar pola «certeza da xestión, tendo que elixir entre un experimento e a experiencia».

En liñas xerais, Feijóo procurou o apuntalamento do seu actual mandato lembrando aos alí presentes as políticas que permitiron una notable mellora na comarca galega. Segundo él, a sanidade en Narón mellorou moito debido ao novo centro de saúde, á adxudicación de dúas farmacias e ao aumento de axudas da coñecida Lei de dependencia.

Por outra banda, tamén falou no referente á educación. O candidato do PPdeG resaltou o incremento do número de plazas en colexios infantís, intentando facer ver que as necesidades no tocante a sanidade e a educación estiveron ben cubertos polos populares.

No tocante a Ferrol, Feijóo recalcou a importancia que ten a ría para os milleiros de ferroláns, así como os  250 millóns de euros invertidos nos grandes avances promovidos en canto a depuración de augas se refire. «Esa é política ecoloxista, facer e limpar, non só falar», afirmou.

Por último e como tema estrela que non podía faltar no mitin o actual presidente da Xunta mencionou as tan esperadas F-110 polos traballadores de Navantia, as cales acumulan total de 750 millóns de euros que aínda non se gastaron en ferrol desde 2018. Ademais, quiso denunciar a falta de carga de traballo nos estaleiros antes da construción das novas fragatas: «A resposta é non, nin fragatas nin barcos para a Armada; que imos facer a partir de setembro, esa é a responsabilidade do Goberno».

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.