Intaf blinda o sector da metalurxia en Ferrolterra cunha inversión millonaria

Convertirase nunha das empresas do metal máis innovadoras tanto a nivel autonómico coma nacional e traerá nova carga de traballo á comarca
intaf

A planta metalúrxica de Intaf atopada no polígono naronés de As Lagoas enfréntase a un dos maiores retos do grupo en moito tempo. Acompañada por outras catro compañías, a empresa dirixida por José Ramón Franco vai dispoñer dun novo centro de tratamento térmico do aceiro, o que a convertirá nunha das empresas deste campo máis innovadoras tanto a nivel galego coma nacional.

As obras previstas poderán atender os procesos de cementación, temple e revenido de estruturas de gran tamaño, aforrando o custo que supoñía transportarlas ao exterior da comunidade, así como diferentes problemáticas cos prazos de entrega e con múltiples rachaduras nas pezas debido ao seu desprazamento. «En Galicia tan só hai unha empresa que axuda a outras nestes procesos de tratamento térmico, pero non teñen nin a capacidade que temos nós e o proceso e moi tradicional, polo que non é compatible» afirmou José Ramón Franco, o cal aclarou que esta ampliación na planta de Narón será unha gran oportunidade para reducir gastos e para cubrir necesidades doutras empresas foráneas.

Un problema que viña de fai tempo

Agora mediante unha axuda outorgada pola Consellería de Economía e Industria cun valor de dous millóns de euros a planta metalúrxica executará a ampliación das naves, cun custo total de tres millóns de euros. Tal e como sinalou José Ramón Franco as necesidades da planta viñan dende moi atrás: «Desde o 2011 tiñamos unha certa debilidade no mercado xa que as empresas estranxeiras das que dependiamos encareceron os seus servizos, pero coa chegada da crise tiveron que abaratar os costes de producción, podendo liquidar en certa medida o problema».

Para que Intaf puidese contar coa financiación das administracións autonómicas a proposta tiña que ser novidosa en Galicia e vir da man de varias empresas e sen competencia entre elas. Tamén se tiña constancia de todas as compañías que deran o seu visto bo, un total de máis de 80 empresas tanto da comunidade como de fóra.

 

Unha aposta segura pola carga de traballo

Tras a aprobación da línea de apoio o propio grupo Intaf cren que, tras a pertinente solicitud de licencia, as obras poderían rematar no primero semestre do vindeiro ano e incluso a finais do primer timestre, un total de entre 9 a 11 meses. En primeiro lugar traballarase a superficie a ampliar -un total de 1.800 metros cadrados- e posteriormente comezarían coa incorporación das instalacións.

En canto a materia de traballo, Franco quiso destacar os novos postos de traballo que poderán aparecer –aproximadamente 10 novos traballadores- pero o que pretende inicialmente non é aumentar a man de obra, senón consolidar a que xa ten ao seu alcance. «Buscamos consolidar o emprego que temos, nos parece importante poder ampliar a nosa plantilla pero a nosa prioridade é manter os postos que xa temos a disposición».

Tamén falou da negativa situación que estase a sufrir en Galicia en canto a carga de traballo, un problema que non cre que teña maior repercusión no sector metalúrxico: «Temos o problema de Navantia, o de Endesa-As Pontes, o de Alcoa… están na corda frouxa e obviamente forman unha parte importante dos nosos clientes, pero contamos cunha clientela moi diversificada, evidentemente o notamos pero intentamos ampliar sempre as nosas fronteiras mercantís».

Apoio laboral e formativo

Outro ámbito que vai ter presente Intaf é o académico, onde aseguran que estas novas instalacións van servir de apoio para as universidades e outras institucións académicas como Aimen. O propietario do grupo Intaf asegurou que o laboratorio metalúrxico goza dunha gran relevancia, e no proceso de construcción das reformas poderán facerse visitas guiadas. Tanto Aimen como algúns centros universitarios xa se puxeron en contacto coa empresa, aínda que as comunicacións serán mínimas ata que comecen co proceso de montaxe.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.