Comezan as tarefas de limpeza de terreos e viarios municipais en As Pontes

Estas actuacións  serán financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental (FCA) cun orzamento superior aos 70.000 euros
Senda da Memoria
Senda da Memoria

O Concello das Pontes aprobou esta semana a licitación do servizo de limpeza de terreos de propiedade municipal e de limpeza de marxes e gabias en varias estradas e camiños rurais.

Estas actuacións  serán financiadas coa achega provinte do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), e cun orzamento total de 72.443,06 euros. Ditas obras inclúen a limpeza da contorna da “Senda da Memoria” no Lago das Pontes e a limpeza das gabias e marxes en máis de 30 quilómetros de estradas e camiños rurais do municipio pontés.

Os traballos de limpeza na Senda da Memoria inclúen o desbroce da superficie das parcelas e do lineal das marxes do lago para mellorar a área recreativa. A través destas actuacións potenciarase o coñecemento dun espazo de especial interés paisaxístico.

Por outra banda, este proxecto permitirá actuar en máis de 30 quilómetros de vías municipais co obxectivo de previr os desbordamentos, a erosión da capa de rodadura e a aparición de fochancas, mellorando a seguridade viaria e a accesibilidade en todo o municipio. Os traballos de limpeza tamén están dirixidos a protexer a cuberta vexetal autóctona e evitar así a degradación ambiental.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.