Laura Fernández convértese na nova fichaxe do BAXI Ferrol

A base canaria destaca pola súa visión de xogo e pola súa verticalidade co balón nas mans
BAXI Ferrol
BAXI Ferrol

A base canaria Laura Fernández comprometeuse co BAXI Ferrol para xogar co equipo ferrolán a próxima tempada. A xogadora, de 31 anos e 1.69 metros, formouse no baloncesto da súa terra  conseguindo o título de campioa de España infantil, cadete e junior, ademais de lograr a medalla de ouro con España no Europeo U16 e a de prata no U18.

Laura conta cunha ampla experiencia xa que disputou doce campañas na liga Feminina 2. A base do BAXI Ferrol chega procedente do Patatas Hijolusa de León, co que disputou máis de 32 minutos por partido, promediando 8.9 puntos e 2,5 asistencias por encontro.

A xogadora destaca esta oportunidade brindada polo BAXI Ferrol como unha oportunidade incrible para seguir crecendo, formando parte dun proxecto tan ambicioso e ilusionante coma este. En canto ao que pode ofrecer ao conxunto ferrolán, a base canaria destacou do seu xogo a visión e o ritmo que pode proporcionar sendo vertical e movendo rápido o balón.

Anniina Aijanen, renovada

A pivote finlandesa Anniina Aijanen decidiu quedar nas filas do BAXI Ferrol, ao aceptar a oferta de renovación que lle fixo chegar o club. A xogadora de 24 anos e 1.88 metros realizou unha boa campaña o ano pasado, o que levou a que o adestrador Lino López decidise ofrecerlle a súa continuidade no equipo.

Anniina Aijanen destaca por ser unha xogadora de equipo, cun bo tiro de tres e que xoga de costas ao aro, cunha boa actitude na cancha. A pivote sinalou sobre a súa decisión de seguir no equipo departamental que segue porque quere seguir outra tempada máis axudando ao equipo e intentar   ascender á liga Endesa.

 

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.