A rúa Celso Emilio Ferreiro de Canido pasa a ser dun único sentido

O sentido de circulación será de Canido á estrada Alta do Porto, e na marxe dereita da vía habilitarase un camiño peonil
2020_07_02CelsoEmilioFerreiro02

O concelleiro de Seguridade e Tráfico visitou esta mañá do 2 de xullo a rúa Celso Emilio Ferreiro para comprobar como se están a desenvolver os traballos para habilitar un camiño peonil na marxe dereita da vía. Dende hoxe, o sentido de circulación do tráfico será único -de Canido á estrada Alta do Porto- polo que os vehículos non poderán acceder a Celso Emilio Ferreiro.

A senda para os viandantes está delimitada por marcas horizontais no pavimento e por bolardos instalados ao longo do percorrido. Tamén se está colocando sinalización vertical para regular o tráfico e a dirección da circulación. Na zona próxima á estrada Alta, onde o ancho da rúa é maior, habilitaranse novas prazas de estacionamento.

O novo paseo peonil ten 1,8 metros de ancho no lateral próximo á Malata e abarca o tramo desde a estrada Alta ata a rúa Maiola. Suporá unha alternativa segura para os estudantes que acudan a diario ao IES Canido e a outras escolas próximas.

Pola súa parte o responsable de Tráfico indicou que o fin único de dita actuación é «avanzar na protección dos nosos estudantes no seus traxectos diarios aos centros de ensino».

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.