Lorenzo Milá reicibiu en Roma o Premio José Couso de Liberdade de Prensa

O periodista da TVE fíxose co galardón outorgado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol
Lorenzo-Milá-Premio-Jose-Couso

O XVI Premio José Couso de Liberdade de Prensa xa está en posesión de Lorenzo Milá. A estatuiña Ás Ceibes de Manuel Patinha forma parte deste certame convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol.

O mencionado premio viaxou dende Ferrol a Santiago e dende alí até a correspondencia da TVE en Roma, onde está a traballar o galardoado. O gañador Lorenzo Milá non puido vir debido á peculiar situación que estamos a vivir provocada pola crise sanitaria do COVID-19. Polo tanto a estatuiña percorreu o traxecto Ferrol-Santiago para terminar máis tarde na correspondencia da TVE en Roma.

Lorenzo Milá foi elixido como gañador do Premio Couso en votación aberta e secreta polos colexiados e colexiadas do CPXG e polos socios e socias do Club de Prensa. Milá competía nesta edición coa actual correspondente de Televisión Española en Asia-Pacífico, Mavi Doñate, e o recentemente cesado como director da Axencia Efe, Fernando Garea.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol organizan o premio co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.