Arranca o curso sobre voluntariado incluído no Programa Mellora en Valdoviño

A participación ten un custo de 10 euros, e é completamente de balde para aquelas persoas afectadas laboralmente pola Covid-19
CURSO_VOLUNTARIADO

Un total de 12 veciñas e veciños iniciaban onte á tarde na Casa da Cultura o curso «Acompañándote, Todas e todos contamos». A segunda acción formativa do Programa municipal Mellora, de formación e acceso ao emprego no que as persoas que se viron afectadas laboralmente pola Covid-19 teñen participación gratuíta -10 euros para o resto-.

Trátase dunha formación en materia de voluntariado social, de 20 horas de duración, en modalidade semipresencial. Impartirase online e contará con sesións presenciais como a de onte. Con este proxecto preténdese formar ao voluntariado nos procesos de acompañamento ás persoas (infancia, maiores, enfermas ou dependentes, etc.).

O acto de acompañar, que a simple vista pode resultar doado, comporta interiorizar certas ferramentas para non levar ao persoal a vivencia e realidade de quen acompañan.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.