As comarcas de Ferrol, Ortegal e A Mariña esixen a volta á normalidade dos servizos ferroviarios

Procuran unha reunión cos representantes de Renfe e Adif tras a suspensión de case o 75% dos servizos na liña Ferrol-Ribadeo
tg_carrusel_cabecera_grande

A alcaldesa de Moeche e o alcalde Burela contactaron estes días con representantes da Plataforma en Defensa do tren Ferrol-Ribadeo ante a persistencia da suspensión de servizos ferroviarios nas nosa comarcas.

Asi a rexedora de Moeche en nome dos concellos das tres comarcas de Ortegal, Ferrolterra e A Mariña, afectados pola lamentable e inexplicable situación do servizo ferroviario nestes últimos tempos, solicitou a convocatoria dunha reunión con representantes de Renfe e Adif para atopar unha solución inmediata.

A situación do servizo ferroviario é de tal abandono que se traduce, baixo a desculpa da situación da crise sanitaria da COVID 19, nunha intolerable redución de case o 75% de servizos na liña Ferrol-Ribadeo. O estado de alarma rematou e os servizos públicos en xeral recuperaron a súa actividade normal, máxime naqueles casos de servizos esenciais como o transporte público.

No canto de repoñer os servizos habituais, Renfe segue mantendo a supresión de servizos e nin sequera se fixa unha data de reanudación. Por outro lado, os compromisos adquiridos nas reunións mantidas até o momento no se corresponden coas actuacións nin de Renfe nin de ADIF.

Dende as mecionadas administración aseguran que a situación xerada polo COVID 19 para avanzar no abandono do transporte público ferroviario de proximidade é intolerable e causa un grave prexuizo para o conxunto das veciñanzas e para o desenvolvemento das comarcas. Polo tanto esixen a reactivación dos  servizos sen esquecer ás necesidades das persoas usuarias.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.