A docente e investigadora galega Ana Jesús López será recoñecida no Día da Muller de Ferrol

O galardón entregarase nun evento que terá lugar no Teatro Jofre o día 12 de marzo, ás 19.30 horas
Ana Jesús López Díaz
Ana Jesús López Díaz

O Concello de Ferrol recoñecerá o labor da profesora universitaria e investigadora galega Ana Jesús López Díaz (Pobra de Brollón, Lugo, 1965) despois de que o Consello municipal da Muller aprobara por unanimidade a proposta do goberno local de outorgarlle o XV Galardón 8 de Marzo con motivo do Día da Muller. O galardón entregarase nun evento que terá lugar no Teatro Jofre o día 12 de marzo, ás 19.30 horas.  A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, expresou a súa satisfacción posto que “foi unha proposta moi ben acollida polo Consello da Muller” e destacou a “excelente traxectoria docente e de investigación” da galega, licenciada en Física e doutora en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela, investigadora do Corpo Técnico de Investigación(CTI) e profesora titular da área de Enxenería Mecánica da Universidade da Coruña.

Autora de varios artigos en libros colectivos e revistas especializadas, en 1990 incorporouse como profesora axudante de Física na Universidade da Coruña, con destino na Escola Universitaria Politécnica de Ferrol (Serantes). No ano 1992 comezou como docente nas titulacións de Enxeñería Naval e Oceánica e Enxeñería Industrial na Escola do campus de Esteiro, onde ocupou distintos postos docentes dentro da Área de Enxeñería Mecánica, ata acadar o de Profesora Titular de Universidade, corpo ao que pertence na actualidade.

Prados tamén destacou o seu “compromiso coa igualdade” e destacou que durante oito anos (2012-2020) foi responsable de políticas de igualdade da UDC, onde incorpora numerosas accións a través da igualdade como a elaboración e publicación do primeiro informe diagnóstico sobre a situación de xénero na UDC, a elaboración e posterior aprobación do I Plan de Igualdade da UDC ou o protocolo para a prevención e actuación fronte o acoso sexual e acoso por razón de sexo da UDC, entre outras medidas.
Forma parte, desde a su creación no ano 2002, do Grupo Especializado de Mulleres en Física da Real Sociedade Española de Física, que ten como obxectivos aumentar a presencia de mulleres en física, visibilizar os logros destas e defender os intereses e a igualdade de dereitos e oportunidades das físicas. Ademáis, desde 2018 ocupa a vicepresidencia da xunta directiva. En 2015 funda, xunto con outras investigadoras, AMIT-Gal, a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia e que actualmente preside. O obxectivo de AMIT é ser voz, foro de discusión e rede de apoio para todas as investigadoras e universitarias concienciadas en traballar xuntas para lograr a plena participación das mulleres na Investigación, a Ciencia e a Tecnoloxía.
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.