Os socialistas lucenses levan ó Parlamento o «comportamento inaceptable» do delegado da Xunta en Lugo

O voceiro do grupo parlamentario socialista reclama explicacións polo comportamento de Javier Arias "coa deputada Pilar García Porto"
Luis Álvarez durante la sesi Parlamento
Luis Álvarez durante la sesi Parlamento

O voceiro do grupo parlamentario socialista e deputado lucense, Luis Álvarez, vén de rexistrar unha pregunta para a súa resposta oral no Pleno do Parlamento galego reclamando explicacións “polo comportamento absolutamente inaceptable do Delegado da Xunta en Lugo” coa voceira socialista do goberno e deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e coa propia institución provincial.

Álvarez lembrou, na iniciativa presentada á Mesa da Cámara Autonómica, que recentemente o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, no contexto dunha reunión convocada para analizar o convenio colectivo do Consorcio de Bombeiros Provincial, esixiu que se presentase na mesma o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, ao considerar que a participación da deputada Pilar García Porto “non era suficiente”.

“Con independencia de que parece ignorar que a súa presenza nesa reunión se debía á súa condición de delegado do Goberno galego, e polo tanto actuando en representación do Presidente da Xunta de Galicia, ao igual que o facía a deputada Provincial, en representación do Presidente da Deputación de Lugo”, recalcan os socialistas, “fixo afirmacións que evidencian unha falta de respecto institucional que compromete á Xunta de Galicia”.

O PSdeG subliña que resulta “absolutamente inadmisible” que o delegado territorial se pronunciase en termos como “Dile a Pilar que mueva el culo y venga para la reunión, que deje de hacer tiempo en el despacho, que nos conocemos”. Explican que termos que, “resultando impropios en calquera relación, o son aínda máis entre institucións públicas, engadindo gravidade se proveñen dos seus máximos representantes”.

Ante o comportamento “absolutamente inaceptable” do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, os socialistas preguntan no Parlamento ao Goberno de Alfonso Rueda se considera necesaria algunha actuación.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.