A concellería de inmigración de Burela organiza varias accións formativas

Trátase de dous cursos, un para preparar o exame para a consecución da nacionalidade española e outro de habilidades dixitais básicas
Imaxe dunha acción anterior da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración | Concello de Burela
Imaxe dunha acción anterior da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración | Concello de Burela

O programa de atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela está a organizar varias accións formativas para axudar a alcanzar un bo grado de integración ás persoas estranxeiras.

Trátase dun curso para preparar a proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España para a consecución da nacionalidade española. A temática deste curso é coñecer o Goberno, a lexislación e a participación cidadá, os dereitos e deberes fundamentais e a organización territorial e xeografía física e política de España, ademais de coñecer a cultura, a historia e a sociedade española. Con esta formación trátase de axudar a preparar a mencionada proba esixible para a obtención da nacionalidade española. Este curso terá unha duración de 50 horas”.

A concelleira de Inmigración, Noelia Mª Ben, indicou que “organizamos tamén un curso de Habilidades Dixitais Básicas, cunha duración de 20 horas, dirixido principalmente para ir coñecendo o uso das novas tecnoloxías e ir perdendo o medo a realizar accións tan necesarias na actualidade para poder dirixirse a distintas institucións ou entidades e poder realizar diversos trámites do día a día, cuestións coas que moitas veces non se están moi familiarizados”.

As persoas interesadas en obter máis información sobre estes cursos poden dirixirse á Casa do Concello ou chamando por teléfono aos números 982 58 60 00 ou 982 58 06 09.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.