Trabada celebra este sábado o seu Entroido

O Concello colabora coa Asociación Cultural O Picato para a celebración do Entroido
Imaxe de arquivo do Entroido de Trabada en 2020 | Concello de Trabada
Imaxe de arquivo do Entroido de Trabada en 2020 | Concello de Trabada

O Concello de Trabada colabora un ano máis coa Asociación Cultural O Picato para a celebración do Entroido que se celebra este sábado, día 4.

O goberno municipal axuda á realización desta festa tan multitudinaria cunha achega económica para os premios de 2.775 euros, ademais de poñer a disposición o persoal do Concello de Trabada nos días previos e seguintes para levar a cabo a adecuación dos aparcadoiros e entradas e ceder os locais necesarios para a organización do evento. O sábado tamén se pon a disposición a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, que depende directamente da Alcaldía que colaboran para dirixir o tráfico.

“Dende o Concello queremos agradecerlle á directiva da Asociación Cultural O Picato por manter esta marabillosa festa, que cada ano reúne a máis xente no noso pobo e que tanto nos fai desfrutar”, subliña a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

“Animamos á veciñanza e tamén aos visitantes a que participen nesta celebración, que pon fin ao Entroido da Mariña”, engade a rexedora.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.