«Perkinsus Marinus», o patóxeno que está aniquilando ás ameixas na ría de Ferrol

O informe do instituto Intecmar remitido á consellería do Mar constata unha alta presencia deste axente nos bancos mariñeiros da zona
Almeja-Galicia-1024x683

As confrarías de pescadores de Ferrol, Barallobre e Mugardos levan anos vendo como a producción das ameixas, o seu principal produto de venda, disminúe irremediablemente ante os seus ollos se saber exactamente cal era a causa. O saneamento da ría e outras medidas levadas a cabo non puxeron solución á perda irremediable desta especie que supón o sustento de preto de 600 familias na comarca.

Sen embargo, o informe encargado no ano 2018 ao Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño en Galicia (Intecmar) e remitido recentemente á consellería do Mar revela a existencia dun patóxeno chamado perkinsus marinus na ría de Ferrol e que podería ser un dos principais motivos do problemas de reprodución das ameixas locais. Así o confirmou a conselleira Rosa Quintana tras unha reunión mantida cos representantes dos mariscadores da comarca para explicarlles os resultados deste informe.

«Este patóxeno afecta ao aparato reprodutor das ameixas e cremos que pode ser unha das causas que acredite a baixa producción que está tendo a ría de Ferrol nos últimos anos». A titular da Xunta asegurou ademáis que «con esto sería suficiente para decretar un cese de actividade», tal e como viñan reclamando os mariscadores desde fai meses.

Rosa Quintana tamén informou durante o encontro cos representantes dos pósitos que o outro estudo pendente, o encargado ao Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (Cedex) en 2018, dependente do Goberno central, aínda no está nin se quera tramitado. O organismo comprometérase á realización dun informe científico sobre o estado do fondo da ría de Ferrol, para perfilar as accións de rexeneración dos bancos marisqueiros.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.