Clara Correa: “Podemos levar o fármaco contra o ictus ata o trombo e liberalo mediante ultrasons”

Esta investigadora eumesa de 30 anos foi premiada pola Real Academia de Farmacia polo seu estudo sobre un novo tratamento para o ictus isquémico
WhatsApp Image 2020-07-01 at 19.37.36 (2)

A eumesa Clara Correa Paz licenciouse en Farmacia na USC, é doutora en Mediciña Molecular e realizou un máster de Neurociencia. Os últimos anos ampliou estudos en Francia e traballou no Laboratorio de Investigación en Neurociencias Clínicas, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.

Recentemente recibiu o Premio Francisco Julián Suárez Freire para mozos investigadores menores de 35 anos, convocado pola Real Academia de Farmacia de Galicia por un estudo sobre un novo fármaco para combatir o ictus isquémico. O galardón, como recoñecemento a ese traballo orixinal, conta cunha dotación económica de 3.000 euros.

Por que resultou tan importante a vosa investigación?
O unico tratamento farmacolóxico que existe ata o de agora para o ictus isquémico, que se produce cando hai un trombo nunha arteria do cerebro, chámase TPA e ten bastantes inconvenientes, por exemplo que é complexo de administrar, digamos que é dificil facelo chegar ao sitio adecuado.

Nós fomos capaces de facilitar a súa administración dunha forma similar a unha inxección, creando unhas nanopartículas que só liberan o fármaco ao aplicar unha serie de ultrasóns. Poderiamos dicir que somos capaces de “levar o tratamento” só onde atópase o trombo e, unha vez alí, liberar o tratamento.

Tivo moita repercusión no mundo da neurociencia?
O estudo publicámolo no Journal of Controlled Release o ano pasado, no que eu con María Fernanda Navarro Poupar, do Ciqus (Centro de Investigación en Química da USC) figuramos como as autoras. É unha revista con bastante prestixio no mundo da ciencia, sobre todo en temas de nanomateriales e nanopartículas. A raíz da publicación deste artículo foi cando empezou a ter relevancia e, de feito, o premio nolo outorgaron a raíz da publicación nesta prestixiosa revista.

No estudo tamén participaron membros tanto do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), que é onde eu traballo, e da Universidade de Santiago.

E cal é o seguinte paso tras realizar esta investigación, publicala e obter o recoñecemento da comunidade científica?
Agora o que estamos a facer é probar en animais se este tratamento no ictus realmente funciona. Digamos que agora vén a parte práctica para, posteriormente, poder empezar a usalo con humanos, aínda que para iso aínda faltan moitos ensaios.

É a vosa primeira grande investigación?
Temos experiencia en investigacións con outro tipo de partículas e de tratamentos para o ictus, pero este é o estudo que tivo máis repercusión con este fármaco. O noso obxectivo é poder publicar un segundo estudo confirmando a eficacia do que desenvolvemos ata o de agora.

Cal foi o maior reto ao que vos enfrontastes durante esta investigación?
O maior reto foi ser capaz de sintetizar o tratamento e desenvolver as nanopartículas, ademais de ser capaces de manter o fármaco activo e que non se degradase unha vez inoculado. Desenvolver todo ese sistema foi o máis complicado.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.