O Concello de Ferrol continúa sumando iniciativas cara a intensificar a promoción e divulgación da candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial, que leva por nome ‘Cidade de Ferrol. Porto da Ilustración’. Co obxectivo de unificar a identificación dos edificios do século XVIII, o Concello vén de poñer en marcha unha plataforma dixital que engloba un total de 25 inmobles da cidade do século XVIII: o Arsenal Militar; a parroquia castrense de San Francisco; a Fonte de San Roque; o monumento a Churruca; o palacio e Capitanía; rúa Magdalena, 234; Antigo Hospicio municipal; Nosa Señora das Dores; rúa Real, 199; Ateneo Ferolán; rúa Magddalena, 171; concatedral de San Xiao; rúa Magdalena, 125; hospital da Caridade; rúa Magdalena, 111; rúa Terra, 4; antigo goberno militar; Capela das Angustias; rúa Mac Mahón, 18; Casa do Patín; cuartel de Dolores; porta do asteleiro; cemiterio de Canido; dique da Cabana; e o priorado da Cabana.
Unha nova plataforma virtual para percorrer o Ferrol do século XVIII
Son 25 os inmobles incluídos nesta nova ruta, que lucen unha placa con código QR que enlaza á web con toda a información en galego, castelán en inglés de cada parada e un mapa