Unha programación cultural centrada no autocoidado e na expresión artística para mulleres conmemorará o 8-M en Muxía

O 8 de marzo, coa concentración e lectura de manifesto ás 12:00 horas, será o punto de partida para dous meses de actividades
Imaxe de arquivo do 8-M en Muxía | CONCELLO DE MUXÍA
Imaxe de arquivo do 8-M en Muxía | CONCELLO DE MUXÍA

O Concello de Muxía conmemorará o Día Internacional da Muller do vindeiro 8 de marzo cunha programación centrada en varios faladoiros, obradoiros e teatro que se estenderán ao longo dos meses de marzo de abril.

O punto de partida será o propio 8 de marzo, cando terá lugar a concentración e lectura do manifesto ás 12:00 horas diante da Casa do Concello. A partires de aí haberá dous meses nos que terán lugar actividades variadas e para todos os públicos.

Cartel do 8-M en Muxía | CONCELLO DE MUXÍA

«Estamos tremendamente orgullosas desta programación cultural que aposta pola igualdade e pola visibilidade a todos os niveis e abarcando todos os rangos de idade», destacou a concelleira de Cultura e Xuventude, Olalla Benlloch, durante a presentación da programación do 8-M.

O alcalde, Iago Toba, tamén incidiu en que esta é «unha mostra máis da aposta en firme deste equipo de Goberno pola igualdade e pola visibilidade da figura da muller, sen deixar atrás a ninguén e afondando no diálogo e no autocoidado como eixos da igualdade e da visibilidade”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.