Este próximo domingo 12 de marzo conmemórase o 105 aniversario da revolta Popular Marzo de 1918, hoxe coñecida como Revolta das mulleres, xa que foron elas as que se ergueron nun primeiro momento e que conseguiu unir ao mundo operario e labrego da época. Ademais da xa tradicional ofrenda floral no monumento erguido en memoria da Revolta no 100 aniversario este ano a comisión proxecta un audiovisual en relación coas loitas galegas e que está sempre de actualidade. O filme «Reboiras , acción e corazón» do director Alberte Mera.
Tamén haberá un xantar a 15 euros na Grella dos avós va carón do monumento de Sedes—
e a prezos populares 15 euros. Desde a Asociación Revolta Popular de Marzo de 1918, encargada de impulsar este evento, explican que o 13 de marzo fica xa como unha data para reivindicar que «o pobo galego é un pobo con historia e espíritu de rebeldía». “Non estamos aquí para contar uns feitos se non para entender por que é necesario que o contemos e porque hoxe as e os protagonistas destas loitas son para nós semente de vencer” declaran desde a comisión da Revolta. Neste 105 aniversario ademais da xa tradicional ofrenda floral no monumendo da feira do 13 en Sedes (Narón) proxectarán o filme «Reboiras, Acción e Corazón».