Lourenzá homenaxea ao laurentino Francisco Fernández del Riego polo Día das Letras Galegas

A programación, na que colabora a Mancomunidade da Mariña, inclúe unha audioguía ficcionada e un programa de seis visitas culturais
170323 Foto ruta Lourenza 2

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense colabora co Concello de Lourenzá e coa Mesa Coordinadora Don Paco no programa cultural que organizan polo Día das Letras Galegas, dedicado neste 2023 aF.

A Mancomunidade adaptou para este programa cultural a audioguía ficcionada do concello laurentino ‘Vilanova de Lourenzá. Paisaxes da memoria. Fernández del Riego descóbrenos os recunchos dunha nenez feliz’.

Ao dedicarlle a Real Academia Galega as Letras Galegas 2023 ao escritor e intelectual laurentino Francisco Fernández del Riego, o Concello de Lourenzá e a Mesa Coordinadora Don Paco organizan un programa de visitas culturais co que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense colabora.

“Trátase de seis visitas culturais diferentes, cunha duración temporal limitada de aproximadamente dúas horas en total, dedicadas a escolares, terceira idade, visitantes e outros diversos colectivos. Inclúe así a adaptación da audioguía existente reducindo o seu percorrido e tempo a 15 minutos, debido ás necesidades específicas da proposta. O programa de visitas, que é para facer de xeito completo, estará vixente ao longo deste ano 2023. Para facelo é necesario inscribirse no seguinte correo electrónico ou teléfono: [email protected] ou no 646 384 124”, explican desde a Mancomunidade.

Igualmente, e para quen así o desexe, seguirá estando dispoñible a audioguía orixinal de maior percorrido e de cerca de 40 minutos de duración tanto na web de amarinalucense.gal coma a través dos auriculares illantes que se atopan para os visitantes na oficina de turismo de Lourenzá.

O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, explica: “que o Día das Letras Galegas estea dedicado a un escritor da nosa comarca supón que, Lourenzá en particular e A Mariña Lucense en xeral, poidamos visibilizar coma se merece a figura de Francisco Fernández del Riego. Contando ademais cunha audioguía dedicada á súa persoa é unha oportunidade para que a xente descubra este interesante recurso, e con el tamén o resto de audioguías existentes coma a de Alfoz, Cervo, Foz, Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro”.

Cajoto Caserío subliñou que “ademais da Mesa Coordinadora Don Paco, a Xunta traballa xunto a outras institucións e entidades culturais galegas nunha programación amplía ao longo do ano para homenaxear ao escritor. O público galego é un dos públicos aos que nos diriximos pola facilidade para realizar escapadas culturais, de natureza e gastronómicas de fin de semana e fóra de tempada. A Mariña Lucense e o seu patrimonio cultural é unha comarca por descubrir, incluso para os propios galegos“.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.