O pleno de Ortigueira aproba máis de 328.600 euros de inversións co cargo ao Plan Único da Deputación

A maior partida, de 133.877, destinarase a unha actuación nos espazos exteriores do mirador de Espasante e case 70.000 euros a gastos extraordinarios derivados do Covid
ortigueira-espasante-garita-da-vela

O pleno do Concello de Ortigueira aprobou na súa última sesión, a primeira que se celebra de maneira presencial desde que comezou a crise sanitaria, os novos investimentos con cargo ao POS Adicional 2020 da Deputación Provincial, cun importe conxunto de 328.600 euros.

A corporación ratificou as resolucións da Alcaldía polas que se determinaba a participación nestes programas, o primeiro cun presuposto de 69.178,88 euros e destinado á financiación de gastos extraordinarios derivados da crise do Covid-19. Desta cantidade, a maior parte, 46.178,88 euros, destínanse á adquisición de equipos de prevención (EPI), mentres que os outros 23.000 euros serán para ampliar a dotación das partidas destinadas a garantir ingresos suficientes ás familias de xeito que quede garantida a cobertura das súas necesidades básicas. A proposta resultou aprobada por unanimidade.

O segundo POS Adicional 2020 supón un investimento de 259.420,79 euros, dos que a parte máis importante (133.877,07 euros) diríxese a financiar unha actuación nos espazos exteriores do Mirador de Espasante. A remodelación da Alameda de Santa Marta de Ortigueira contará con 59.591,23 euros dentro deste plan e os 65.952,49 euros restantes destinaranse a gasto corrente. Este punto foi aprobado cos votos do PSOE e o PP, mentres que Centristas e Primeiro Ortigueira abstivéronse.

O pleno tamén deu o visto bo a unha modificación no proxecto da obra de mellora de accesibilidade na parte norte da residencia de anciáns Dolores Díaz Dávila, derivada da imposibilidade técnica de acometer a colocación dunha pérgola contemplada inicialmente. Este punto foi aprobado por unanimidade.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.