A décimo novena edición da Ruta das Tapas e o Comercio na Rúa animarán a vindeira Semana Santa en Foz. A Ruta de Tapas, todo un clásico destas datas en Foz, desenvolverase do 6 ao 8 de abril en nove locais hostaleiros da vila. Trátase de Anduriña, A Rambla-Pachán, Bar 78, Dandy, Espacio Machete, Marexada, Namarinos, O Tangarte e Xoyma.
Poderanse saborear entre as 13:00 e as 15:00 e de 20:00 a 23:00 horas. O prezo da tapa será de 2,5 euros.
Durante a Semana Santa volve tamén o Comercio na Rúa, que ofrecerá descontos especiais os días 5, 6 e 8 de abril -mércores, xoves e sábado-. Os establecementos participantes son: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Arrullos, Briz Peluquería, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Isla, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mexicosas, Ofifoz, Sensación Surf, Sueños, Unique 2, Vas’s, Vas’s Outlet, Xanela Complementos e Xoguetería Bahía. José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA indica que “volve na Semana Santa outra das nosas campañas clásicas e que máis demanda e acollida teñen. Estas son unhas boas datas para facerse con artigos de tempada a bos prezos”.
O presidente de AciaFozCCA anima a focenses e visitantes a disfrutar a vindeira semana da gastronomía e dos descontos que se atoparán no comercio. «As vindeiras datas son idóneas para pasear polas rúas de Foz e mercar e para tomar unhas saborosas tapas na nosa hostalería”, finaliza.