As Pontes, Ordes e Rianxo acollerán as primerias residencias de maiores da Deputación

Serán residencias de pequeno tamaño e máis proximidade, con capacidade para unhas 50 persoas
O presidente provincial e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso; o vicepresidente, Xosé Regueira; a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños e a concelleira de Política Social de Ordes, Susana González.
O presidente provincial e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso; o vicepresidente, Xosé Regueira; a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños e a concelleira de Política Social de Ordes, Susana González.

A Deputación da Coruña impulsa un plan piloto para crear unha rede de residencias públicas para maiores de ámbito comarcal. Serán residencias de pequeno tamaño e máis proximidade, con capacidade para unhas 50 persoas, “coas que pretendemos mellorar o benestar e evitar o desarraigo e a soidade non desexada dos maiores”, que moitas veces vense na obriga de ir a residencias moi lonxe do seu fogar, así como “crear emprego e axudar a fixar poboación no rural”, segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso. Os primeiros centros ubicaranse nas Pontes, Rianxo e Ordes, segundo se recolle no protocolo asinado esta mañá polo presidente e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso; o vicepresidente, Xosé Regueira; a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños e a concelleira de Política Social de Ordes, Susana González.

Formoso explicou que estes tres primeiros centros suporán un investimento de 6 millóns de euros e crearán 188 empregos. Os centros serán de titularidade e xestión pública, “un modelo alternativo ao da Xunta de Galicia, que conta cun 90% de residencias privadas, con tarifas moitas veces inasumibles para as familias e que ademáis non creou nin unha soa praza pública de residencias nos últimos 14 anos”, afirmou. “Serán residencias máis pequenas e máis humanizadas, lonxe do modelo de contenedor, de almacén de persoas actual. O que buscamos é a humanización e que as persoas maiores podan pasar a última etapa da súa vida preto da súa casa e da súa familia. En definitiva, evitar o desarraigo”, explicou Formoso, que destacou tamén a vertente que o proxecto ten no plano económico e de axudar a fixar poboación no rural, un dos compromisos do goberno provincial desde o inicio do mandato.

“Este é un proxecto no que levamos meses traballando. A Deputación ten feito unha diagnose dos servizos sociais da provincia no que detectamos unha eiva significativa de dotacións destinadas a maiores”, explicou Formoso, que subliñou que “queremos arrancar este proxecto co consenso de todas as forzas políticas. É un proxecto de país”, afirmou. O presidente destacou tamén que espera “colaboración institucional” por parte da Xunta e agradeceu a colaboración dos concellos de Rianxo, Ordes e As Pontes, que se encargarán de ceder os terreos e redactar os proxectos, mentres que a Deputación da Coruña asumirá cunha partida orzamentaria de 6 millóns de euros a execución das obras e posteriormente a xestión dos centros.

 

 

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.