O acondicionamento do parque Albatros suporá un investimento de 33.500 euros

O Concello de Ferrol cambiará o pavimento, colocará novo mobiliario e iluminación e plantará novas árbores
Parque Albatros, en Santa Icía
Parque Albatros, en Santa Icía

O goberno local de Ferrol ten proxectada unha intervención para acondicionar e reordenar a zona leste do parque Albatros, unha parcela localizada próxima á rúa Xaquín Bruquetas, en Santa Icía. A superficie da parcela onde se sitúa ocupa 7.088 metros cadrados, actuándose nesta primeira fase na zona leste, cunha superficie de preto de 3.700 metros cadrados.

A actuación busca mellorar as condicións de uso deste espazo por parte dos veciños, facilitando o tránsito e eliminado os elementos que poidan supoñer un perigo. Para elo, substituirase o actual pavimento por outro de terrizo compactado, acondicionarase a zona infantil, protexeranse as raíces das árbores cunha solución sobreelevada que de continuidade á zona de paseo, plantaranse cinco novas árbores (loureiro ou similar) de folla perenne para xerar espazos de sombra nas zonas de estar e contémplanse novos alcorques.

O proxecto tamén recolle o desprazamento das luminarias de maneira que permitan iluminar as novas zonas expostas, o acondicionamento do mobiliario urbano (coa súa limpeza e recolocación), novas papeleiras e unha fonte. Ademais está prevista a colocación de mesas de picnic na zona próxima ao parque infantil. A vontade do goberno local é dar “unha nova vida ao parque”, indicou a concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas. Conta cun investimento aproximado de 33.500 euros.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.