Viveiro reclama que a Xunta retrase a sinatura do convenio para humanizar o porto de Celeiro

O goberno local lamenta que a presidenta de Portos non aproveitase a súa visita a Xove para achegarse a Viveiro
porto celeiro

O Concello de Viveiro lamenta que a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, non aproveitase a súa visita de onte ao Concello de Xove para achegarse a Viveiro e manter a xuntanza que a alcaldesa lle solicitou hai máis dun mes.

O goberno municipal recorda que noutras ocasións, a máxima representante do ente autonómico dependente da Xunta si incluíu no seu itinerario polos municipios da comarca a Viveiro para tratar algún dos temas pendentes, polo que non entende que nesta ocasión evitase unha cita que se pediu xa a finais de febreiro. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, solicitou unha reunión coa presidenta de Portos co fin de presentar no ente autonómico o proxecto de pavimentación e servizos da rúa do Porto de Celeiro. O plan, elaborado dende o Concello, ten como finalidade executar as actuacións necesarias para a mellora e humanización desa zona.

Para levalo a cabo, o Concello vai asinar un convenio coa Deputación de Lugo, pero é preciso, asemade, asinar outro con Portos de Galicia xa que este proxecto se desenvolve en zona portuaria. Dende o Concello de Viveiro consideran que a relevancia desta obra, que sen dúbida repercutirá na calidade de vida dos veciños e veciñas da vila, merece a debida atención e resposta por parte da presidenta de Portos, Susana Lenguas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.