O Concello de Cabanas convoca tres prazas con cargo ao Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, que ten por obxectivo a contratación de persoal a xornada completa durante seis meses para o reforzo de diferentes servizos municipais. A cuadrilla estará composta por tres persoas, para cubrir os postos de operario condutor, peón e albanel. As persoas interesadas poden presentar as correspondentes solicitudes desde o día 12 ao día 18 de abril de 2023 a través do Rexistro do Concello de Cabanas.
No caos do peón, serán seis meses a xornada completa, cunha retribución bruta de 1260 euros mensuais, incluíndo o rateo de pagas extra o operario condutor contará cunha retribución bruta de 1359,16 euros mensuais, tamén durante medio ano e o albanel percibirá a mesma cantidade, 1359,16 euros mensuais, incluíndo o rateo de pagas extra.