Fene elixirá a mellor tapa do municipio durante o mes de maio

Os bares e restaurantes do municipio que desexen participar deben presentar a súa solicitude o día 18 de abril
Arquivo - Concurso de tapas
Arquivo - Concurso de tapas

Os establecementos hostaleiros de todo o territorio fenés volverán ter unha oportunidade de lucir as súas habilidades culinarias durante as tres primeiras fins de semana do mes de maio. E é que os venres, sábados e domingos entre o 5 e o 21 de maio vai desenvolverse o XIII Concurso de Tapas, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo. O certame ten por obxectivo continuar dinamizando o sector co argumento do sabor, a calidade e a aparencia duns petiscos que se servirán ao prezo único de 1,5 euros. Os bares e restaurantes do municipio que desexen participar deben presentar a súa solicitude o día 18 de abril como moi tarde, algo que poden facer pola sede electrónica (obrigatorio se se trata de persoas xurídicas) ou presencialmente no rexistro municipal. As bases e o formulario encóntranse na web fene.gal.

O concurso de tapas concentrarase nas fins de semana do 5 ao 21 de maio, con horarios mínimos en que se servirán os petiscos, ampliables polos establecementos. Así, deberán estar dispoñibles para degustación os venres de 20:00 a 22:30h, os sábados de 13:00 a 15:00h e de 20:00 a 22:30h e os domingos de 13:00 a 15:00h. Nos establecementos participantes poderán obterse os pasaportes «Fenerruta» para ilos selando con cada tapa e entrar no sorteo dunha chea de agasallos, entre eles unha viaxe de tres días en réxime de aloxamento e almorzo ou 9 vales de 100 euros cada un canxeables nos negocios hostaleiros integrados na Asociación comercial O Cruceiro. Ademais, coa Fenerruta o público tamén elixirá por votación o premio á Tapa Popular Creativa e á Tapa Popular Tradicional.

Pola súa banda, un xurado especializado tamén percorrerá os locais hostaleiros para probar as exquisiteces -que han de estar elaboradas artesanalmente e sen materia prima precociñada- facendo a súa propia valoración de acordo con seis aspectos: ingredientes, elaboración, creatividade, sabor, presentación e concepto.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.