A Central Librera da rúa Dolores é un dos comercios familiares máis emblemáticos de Ferrol. Levan 70 anos vendendo cultura e son xa tres xeracións as que pasaron polo pequeno negocio. Fundado en 1950 por Antonio Justo, foi o seu fillo Miguel quen levou tomou as rendas ata fai pouco anos. Agora é Alberto Justo, de 35 anos, quen rexenta este negocio familiar. A súa situación é unha epítome do que está a vivir o pequeno comerciante en toda España, pero moi especialmente nunha cidade como a de Ferrol e nun sector que leva anos loitando por adaptarse aos cambios.
Para o menor dos Justo, que entrou de pleno na era dixital co seu negocio, Internet é unha ferramenta imprescindible a día de hoxe. Pero, según nos relata este comerciante ferrolán, na rede de redes non é ouro todo o que reluce e tamén en Internet atópase a principal ameaza dos pequenos negocios.
De qué saúde goza en pleno 2020 un negocio familiar fundado en 1950?
Pois como a meirande parte dos negocios pequenos, non estamos a pasar a nosa mellor época, pero non nos podemos queixar vendo como están outros compañeiros comerciantes, que están sufrindo aínda máis as consecuencias do Estado de Alarma como a hostelería, por exemplo. O certo é que xa fai un par de décadas que non é mellor época do comercio local.
Eu son a terceira xeración e cada un de nós, desde o avó ata min pasando polo meu pai, vimos como cada vez tíñamos que facer máis esforzos e sacrificios para sacar o negocio adiante. Pero aquí seguimos e outros pequenos comercios, por desgraza, xa non están.
Cambiaron moitas cousas desde 1950 ata agora?
Moitas. Algunhas para ben e outras para mal. No meu sector diría é que o principal cambio é que cada vez a xente le menos. Quizá o gran boom foron os anos setenta e oitenta, xa que empezou a chegar moita literatura extranxeira, moita obra traducida e foron anos maravillosos para os lectores e tamén para as librarías. Sen embargo a época que estamos a vivir agora é, sin dúbida, na que menos se le. O refrendan tódalas estatísticas que se fan ao respecto. E, tristemente, este fenómeno dase especialmente en España.
Tamén cambiou a forma de consumir prensa, por exemplo. Meu pai e máis eu vivimos como pouco a pouco internet ía gañando terreo ao xornalismo en papel. Pasamos de vender 50 exemplares diarios na década dos 90 a vender apenas 15 hoxe en día.
Outra cousa que é obvio que cambiou é a competencia. Cal é a vosa principal ameaza hoxe en día?
Digamos que a ameaza do pequeno comercio foi sempre a mesma. Nos noventa foron os grandes centros comercais, onde o mesmo señor ou señora que te asesoraba sobre un aspirador o facía sobre un libro. Obviamente o coñecemento que temos na libraría sobre as obras que vendemos non o van ter nin en Alcampo, nin en Carrefour, nin no Corte Inglés nin en ningunha grande cadea comercial.
E agora, no 2021 a gran ameaza son os novos centros comerciais on-line, é dicir, as plataformas como Amazon.
Non comparte entón a visión de que proxectos como os de Amazon poden axudar ao pequeno comercio a expandirse e a vender máis?
En absoluto. De feito creo todo o contrario: o obxectivo de Amazon é acabar co pequeno comercio e mentres o fai, gaña diñeiro a costa deles. É un plan perfecto e hai millóns de compradores en todo o mundo axudando a que isto suceda.
Fai catro ou cinco anos creei unha tenda en Amazon e bastáronme unhas semanas para ver en qué consistía. Eles eran os únicos que gañaban diñeiro. Eu traballaba o doble, non tiña ganancias e eles quedábanse co 60% do beneficio de cada libro. Tiña que vender cinco libros en Amazon para gañar o mesmo que vendendo un na miña libraría. Era un despropósito.
E por qué cree que triunfan proxectos como Amazon?
Creo que por descoñecemento da xente, creen que poden atopar máis cousas que nunha tenda física ou na web dun pequeno negocio é non é de todo certo. De feito Amazon está composto por miles de pequenos comercios coma o meu de todos os sectores, así que os que teñen a meirande parte da mercancía somos nós, os pequenos negocios. Eu teño na miña páxina web un catálogo de 400.000 libros dispoñibles para entregar en 24 o 72 horas.
E creo que outro factor, que quizá sexa xeracional, é a excesiva comodidade dos clientes. Na miña breve experiencia en Amazon e incluso a día de hoxe na miña web, recibido pedido de clientes que viven non só na mesma cidade, senón na mesma rúa, a 150 metros do local.
Entón, Internet sí, Amazon non. Entendo que esa é a conclusión.
Sí. Internet é unha ferramenta moi beneficiosa para os pequenos comercios. A miña páxina web é unha extensión da miña tenda física da rúa Dolores en todo o mundo. Me chegan pedidos de case tódolos continentes. De feito, nesta recente crise do Covid podemos dicir que gracias a internet moitos pequenos negocios conseguimos amortiguar a caída.
Nós estamos nos adaptamos fai anos e xa temos un volumen importante de negocio na web, aproximada un 20% do total da nosa facturación. Temos incluso clientes fieis doutros países e é algo moi gratificante.
Cal é a estratexia de futuro do pequeno comercio?
Creo que é a mesma que sempre, adaptarse aos cambios. Meu avó tivo que facelo, cambiaron moitas cousas desde 1950 ata aos 80, por exemplo. Meu pai entrou de cheo na época dixital e tamén tivo que adaptarse. Agora tócame a mín ir superando os novos retos que se nos poñan por diante. Creo que a adaptación é o principal segredo para calquera pequeno negocio.
A outra cousa que axudaría moito é a concienciación da xente de intentar consumir, dentro das súas posibilidades, na súa cidade, no seu barrio. Temos unha labor didáctica moi importante que facer ao respecto e necesitamos a axuda das administracións para iso. É fundamental que os Concellos, a Deputación, a Xunta protexan ao pequeno comercio e fomenten o consumo de barrio, local. Ese é un dos mellores legados que podería deixar un goberno local de Ferrol, un comercio forte e con futuro.